domingo, 30 de noviembre de 2014

COÑECE O TEU BLOGUE POR DENTRO

Para empezar a coñecer o blogue por dentro 


Prememos no título: (ponse en cor laranxa)



Por defecto aparecerá a seguinte pantalla do teu blogue:




Esta é a columna máis importante do noso novo BLOGUE. Nela podes crear, modificar, engadir e cambiar a meirande parte das cousas do blogue.



Que é a VISIÓN XERAL? Pois quen te ve, número de entradas, seguidores...



As ENTRADAS son como os Artigos do blogue, os textos e as imaxxes que se len nas páxinas.


Esto é un primeiro achegamento aos elementos dunha entrada:



As PÁXINAS son as lapelas, superiores ou laterais, onde colocar diferentes temas. Podes crealas ou non. A sua ubicación depende da plantilla que elixas.


 Dende aquí podes xestionar os COMENTARIOS, permitilos ou non, moderalos, eliminalos, dar permisos...



O teu perfil da rede social GOOGLE + ligada ou blogue  pódese regular dende aquí.

As ESTADÍSTICAS: que te le, dende onde, etc. se poden consultar aquí.

 O apartado de DESEÑO o segundo máis visitado tralo de creación de entradas.



Nel ubícanse os GADGETS: seguidores, traductor, blogues que les...



A PLANTILLA é ao estructura do BLOGUE, nela atoparemos as letras, tamaños, fondos, etc. 




A CONFIGURACIÓN ten moitos aspectos: título, descripción do blogue... 


Destacamos un polo de agora: o da zona horaria...que xeralmente o temos que modificar cando creamps o blogue.

 A medida que vaiamos avanzando profundizaremos máis noutros aspectos.

jueves, 27 de noviembre de 2014

BLOGUEAMOS?

Xa temos unha conta aberta, pero aínda non temos blogue.
Podemos entrar dende a nosa conta a BLOGGER, 


e nos pedirá volver a engadir o noso contrasinal...


Pediranos uns datos para o noso perfil


E nos avisará de que aínda non temos blogue ningún. 
Preguntará se queremos crealo agora premendo en NOVO BLOG




Vexamos os pasos de creación do BLOGUE MIÑA RULA:

1. Prememos en NOVO BLOG


2. Dámoslle título, dirección e eleximos plantilla ( a plantilla pódese cambiar cando queiramos)


3. Xa temos o blogue xerado
   É moi doado sempre que a conexión e as cookies nolo permitan...


Xa podemos empezar a traballar nel para poñelo ao noso xeito.

martes, 25 de noviembre de 2014

Creamos unha CONTA DE CORREO para asociar ao BLOGUE

Creamos unha conta para poder asociar ao noso futuro blogue.
Para iso entramos no GMAIL:

Abrimos o navegador: CHROME, MOZILLA, EXPLORER... e escribimos a palabra gmail ou prememos na que nos aparece enriba. (Podes descargar os navegadores que che falten ,se é que os queres, premendo nos seus nomes).


Prememos en CREAR UNHA CONTA e enchemos o formulario


Non esquezas cubrir o apartado do numeor de móbil para quqe che podan enviar avisos de conta ou verificacións...

Nin tampouco aceptar as condicións do sevicio e política de privacidade. Senón non se xerará a conta.


Podemos crear o noso perfil cubrindo os datos que nos piden:




Engadimos unha foto para o noso perfil. Se é da aula ou do cole mellor, así a podemos utilizar para a conta e non se ten que modificar se se cambia de titor/a.

Podemos centrala ou recortala un pouquiño e engadirlle un título se o preferimos.



En canto a subamos apareceranos no lateral dereito arriba de todo:


Na mesma lapela superior aparece unha casilla extensible que nos ha servir para chegar de xeito rápido a diferentes aplicacións ou servicios ligados á nosa conta como a BLOGGER ( no que xeraremos o noso blogue) ou o Google DRIVE (onde poderemos aloxar a nosa información na nube).

viernes, 21 de noviembre de 2014

BENVID@S AO BLOGUE DE PROBA DO CRA DE CULLEREDO

Ésta é a primeira proba do blogue.
Vou engadir unha foto en .jpg para ver o marco:
Vexamos un .gif



E agora outra en .png para ver cómo se vería: